Complexo Hospitalario Xeral Calde de Lugo Complexo Hospitalario Xeral Calde de Lugo Xunta / Sergas
Centralita do Complexo Hospitalario Xeral-Calde 982 29 6000


Galego   Castellano


Mapa web
> AVISOS E NOVIDADES 

Blog Xacobeo 2010 Galicia
Conferencia:
II CONGRESO NACIONAL DE ATENCIÓN SANITARIA AO PACIENTE CRÓNICO
II CONGRESO NACIONAL DE ATENCIÓN SANITARIA AO PACIENTE CRÓNICO


Os vindeiros 25 e 26 de febreiro de 2010 celebrarase en Santiago o II CONGRESO NACIONAL DE ATENCIÓN SANITARIA AL PACIENTE CRÓNICO.
Os vindeiros 25 e 26 de febreiro de 2010 celebrarase en Santiago o II CONGRESO NACIONAL DE ATENCIÓN SANITARIA AL PACIENTE CRÓNICO. Trátase dunha iniciativa novidosa que pretende erixirse nun foro de discusión, análise, debate e difusión de actuacións asistenciais, investigadoras, xestoras, informativas ou educativas en torno á atención integral ao paciente crónico.
Trátase dunha oportunidade moi interesante de compartir experiencias, cunha orientación multidisciplinar na que teñen cabida persoal facultativo, persoal de enfermería, traballadores sociais, entre outros, e na que se nos ofrece unha plataforma exclusiva para a presentación de todas aquelas iniciativas que dende os distintos Servizos e Unidades se poidan estar levando a cabo no manexo de calquera tipo de patoloxía crónica.
Anímovos por tanto a participar activamente, presentando as vosas comunicacións, na certeza de que non só serán de interese xeral, senón que ademáis, dende un punto de vista institucional, poden servir de escaparate do noso Centro nun congreso no que se darán cita profesionais de toda España e ao que se dirixirán todas as miradas do mundo sanitario durante a súa celebración.

Un cordial saúdo.


Félix Rubial Bernárdez.
Director Médico do C. H. Xeral-Calde


« Volver

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE / Xunta de Galicia Nota Legal xeral-calde.org